
INAUGURACIÓN DO ARENTEIRO FOTOGRÁFICO 2025
17 exposicións conforman esta edición e inaugurouse o día 13 de setembro. Contouse coa presenza de membros da asociación O POTIÑOS ademáis do titular de Cultura da Deputación de Ourense, CÉSAR FERNÁNDEZ e o edil de cultura do concello do Carballiño, DIEGO FERNÁNDEZ.
Os autores das fotografías, que forman parte da exposición, explicaron os seus traballos ante o público asistente.
Tamén se fixo entrega dos premios do concurso de fotografía libre.
A xornada concluiu cunha proxección do documental “Oficios en extinción” e unha exposición feita polos alumnos do IES Chamoso Lamas.
As fotografías poderanse ver, ata o 26 de outubro, no AUDITORIO MANUEL MARIA, os días venres, sábado e domingo en horario de 17: 30 h a 21:30 h.





















