EXPOSICIÓN POTIÑOS “ESCALEIRAS”
Este ano a Asociación Fotográfica O POTIÑOS @potinos participa no Arenteiro Fotográfico 2026 cunha exposición que leva por título “ESCALEIRAS”.
“Un tema difícil, esixente, e apaixonante, que nos leva a fuxir do obvio para entrar no mundo do simbólico… No se trata de retratar unha escaleira, senón de crear unha imaxe que sexa capaz de axudarnos a intuír e a imaxinar como é o lugar a onde nos pode levar esa escaleira… Porque a escaleira, como a vida, e como a arte, e como a fotografía, non é unha meta, senón un camiño. E os POTIÑOS somos camiñantes, peregrinos na busca da beleza e da verdade. Porque a beleza tampouco é un fin en se mesma. A beleza é unha escaleira cara a verdade.
Eu preguntábame.. ¿Qué fotos se poden facer dunha escaleira? E cando vin as desta exposición quedei marabillado. O tema era difícil… pero o resultado é gratamente sorprendente. Hai moitas fotos que desbordan imaxinación e creatividade. O fora de campo, o detalle, a simboloxía, o lugar dende onde mirar, as cores, as formas, o ser humano coas súas luces e sombras, mil historias e mil sentimentos que dormen agochados nestas fotos que nos queren levar a ese ceo que soñamos.
Hai moitas fotos sorprendentes, Mirade, buscade e gozade.
Sentide o aroma e a música da fermosura e de verdade que se agochan e se amosan en todas as exposicións e en todas as fotos de este marabilloso ARENTEIRO FOTOGRÁFICO 2026”
.
Texto de Juan Rúa
Parte da exposición da A.F. O Potiños para o Arenteiro Fotográfico 26 que podedes visitar no AUDITORIO MANUEL MARIA, sito na Avenida do Balneario de O Carballiño, de Vernes a Domingo de 18 a 21horas.
Estamos moi agradecid@s a tódolos participantes nesta IX edición do Arenteiro Fotográfico 2026 🤗
Coa colaboración do Concello de O Carballiño @ccarballino o Centro Comercial Aberto @carballinocca e a Deputación de Ourense @culturadeputacionourense
#opotiños #arenteirofotografico2026 #fotografia #exposiciones #ocarballiño