ARENTEIRO FOTOGRÁFICO 2026 – IES CHAMOSO LAMAS

A Fotografía é dende os seus inicios unha forma de expresión artística vinculada á transmisión de emocións, sentimentos e estados de ánimo. Miradas que falan do interior dos personaxes que retratan, máis aínda que se estes mesmos personaxes estivesen a falarnos. O traballo feito polos alumnos de 3 de ESO de Proxecto Competencial Fotografía, integrado no Plan Proxecta Fotografía en curso, centrouse este ano en explorar as potencialidades expresivas dunha imaxe para falarnos do que pensan e de como se sinten, das súas emocións: perda, soedade, alegría, baleiro…

Texto e fotos do IES Chamoso Lamas @chamoso_lamas que participa cunha exposición no Arenteiro Fotográfico 2026

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.