TALLER ARIADNA SILVA FERNANDEZ

Informámosvos que, trócase a data do taller de ARIADNA SILVA FERNÁNDEZ. A nova data é o 11 de novembro. Nesa data, contaremos coa presenza de ARIADNA SILVA FERNANDEZ, dentro das actividades do Arenteiro Fotográfico, a cual impartirá un taller: ARQUITECTURAS DA MIRADA POÉTICA: “O obxectivo principal do obradoiro é iniciarnos no uso de recursos propios da lírica e da poesía na execución de proxectos fotográficos documentais. Cunha metodoloxía teórico-práctica aprenderemos as bases da linguaxe e cultura visual contemporáneas: analizaremos procesos de traballo, formatos de exposición e de edición de fotolibros coa intención de afondar en diferentes estéticas e construcións de puntos de vista subxectivos..”.

Os que o desexen, poden traer os seus proxectos, para visionalos.

O horario será de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h. Ás 20:00 horas terase unha charla-coloquio.

O prezo é de 65,00 euros.

Todas aquelas persoas que estén interesadas, poden inscribirse, ben a través da páxina web de Potiños ou ó e-mail do secretario (VICTOR) fersilgo@gmail.com.

Animádevos a participar.

Saúdos.

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Uso de cookies

Nos obligan a molestarte con la obviedad de que este sitio usa cookies. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies