RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA”TEMA LIBRE 2026″
Reunida a Xunta Directiva da Asociación Fotográfica O Potiños en data 19 de agosto de 2026 ás 11.30 horas, acórdanse e votan por maioría dos membros presentes os seguintes puntos:
1.– Resolución do Concurso de Fotografía Tema Libre 2026: excluíronse 4 fotografías das finalistas ao incumprir as bases do concurso sendo comunicado a devanditos participantes, e estando todos conformes coa mesma. Esta resolución unirase á acta elaborada polo xurado do Concurso de data 13 de Agosto de 2026.
2.- Resólvese outorgar os premios de FOTOGRAFÍA ás seguintes persoas:
Primeiro Premio “Tentación” do autor Antonio Gutiérrez Pereira, dotado con 400 euros doado polo Concello do Carballiño.
Segundo Premio “Big Ben” do autor José Luis Montes Marqués, dotado con 200 euros en vales de compra, doado polo Centro Comercial Aberto do Carballiño.
Terceiro Premio “Resistencia na penumbra” do autor José Luis Méndez Fernández, dotado con 100 euros, doado polo Centro Comercial Aberto do Carballiño.
3.– As 16 fotografías seleccionadas formarán parte da Exposición Colectiva dentro do Arenteiro Fotográfico 2026.
