ARENTEIRO FOTOGRÁFICO 2023

Un ano mais, volve o ARENTEIRO FOTOGRÁFICO consolidándose como uns dos maiores eventos de fotografía da Comunidade, tratando de mellorar a sua proposta, como non podería ser de outra maneira, facendoa mais accesible, ofrecendo moitas actividades e abarcando outos tantos artistas.


A Mostra diste ano consiste en 17 exposicións, colectivas e individuais, ás que hai que sumar unha oferta de charlas, talleres, cursos e coloquios que ó longo de dous meses, converteran O Carballiño na capital fotográfica de Galicia.

Así e todo, tendo como bandeira a boa experiencia e a gran acollida do ano pasado, a maior parte das exposicións veranse as fins de semana no local situado na rúa Evaristo Vaamonde, 26 (antiguo tanatorio), cedido, amablemente polo seu propietario, JAIME PÉREZ.

As exposicións montaránse a partir do 1 de outubro. A inauguración oficial será o 7 de outubro ás 19:00 horas, na Casa da Cultura do Carballiño, con entrada libre. Nesta gala daranse a coñecer todas as exposicións e entregaranse os premios do Concurso Fotográfico AF 2023. Acto seguido farase unha mesa redonda, na que intervirán poñentes do mundo da Fotografía.

Seguindo coas actividades programadas, o sábado, día 4 de novembro, terá lugar un taller impartido pola fotógrafa galega, ARIADNA SILVA FERNÁNDEZ.

Finalmente, estamos moi agradecidos/as a todo/as e cada ún do/as fotógrafo/as que participarán connosco no Arenteiro Fotográfico 2023, xa que coas sua devandita colaboración, contribúen a darlle un salto máis de calidade ó noso evento, mentres tamén o fan crecer e perdurar no tempo.

AF. “O POTIÑOS”.

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Uso de cookies

Nos obligan a molestarte con la obviedad de que este sitio usa cookies. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies