INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN E PRESENTACIÓN DO LIBRO “ONDE O PAN É ARTE – SAN CRISTOVO DE CEA”
O pasado domingo, 05 de xullo ás 12:15 no Edificio Multiusos de Cea, inauguramos a nosa nova exposición colectiva sobre o Pan de Cea, coa presenza de diversas autoridades, entre elas o Presidente da Xunta, o Presidente do Parlamento, a Conselleira de Pesca, o Presidente da Deputación, o Alcalde de Cea e algunhas autoridades máis. Tamén presentamos o libro: San Cristovo de Cea: onde o Pan é Arte.
Fotos realizadas polos membros de A.F. O Potiños ós panadeiros de Cea, un oficio artesán.
A asociación “O POTIÑOS”, foi galardoada con unha figura conmemorativa, en recoñecemento do traballo realizado.
Moitas grazas a tod@s por participar nesta exposición



