Arenteiro Fotográfico 2026

“📸 Esta mañá, o Concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o Presidente da A.F O Potiños, Manuel Blanco, e Noelia Mares, de CCA Carballiño, presentaron o avance do Arenteiro Fotográfico 2026.

✨ O festival, que xa se convertiu no gran encontro da fotografía no noroeste peninsular, celebrarase do 12 de setembro ao 30 de outubro no Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño.

🥰 Desfrutaremos de 16 exposicións fotográficas de artistas locais (incluídos varios integrantes de O Potiños) e doutras rexións de España.

👉 Tamén teremos a masterclass do recoñecido fotógrafo Mario Cea, que gañou máis de 80 premios nacionais e internacionais. O encontro será o 19 de setembro no Auditorio.

🔗 As inscricións para participar na masterclass xa están abertas, xa que a actividade é gratuíta pero o aforo é limitado. As persoas interesadas poden enviar un correo electrónico a info@potinos.com.”

Una respuesta para “Arenteiro Fotográfico 2026”

  • jose emilio gomez crespo
    2 meses atrás

    Buena iniciativa, la puesta en escena es necesaria para dar el pistoletazo de salida al AF26

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.