ARENTEIRO FOTOGRÁFICO 2020
O Arenteiro Fotográfico de 2020 era unha gran aposta para superar o éxito alcanzado o ano anterior.
Pero como sempre, a vida tiña outros plans e atopámonos con que a pesar de que as axendas das charlas e inauguración estaban pechadas desde facía tempo, unha pandemia polo medio, fixo que tivésemos que suspender os nosos plans, e a dos fotógrafos que viñan expoñer.
Das 20 habituais quedamos con 12 exposicións, e inauguramos un 11 de outubro sen a charla prevista no Auditorio Manuel Maria, da man de Xosé Manuel Rodríguez (Pichi) xornalista e o fotoxornalista carballiñes Moncho Fuentes @opotinhos, cunha ampla traxectoria dende os anos 90, ao que lle iamos a facer unha homenaxe.
Pero inaugurouse sen máis, a pandemia quitounos moitas cousas.
Ademais tiñamos un taller con Gervasio Sánchez “A dignidade é o que importa” e unha charla “Os ollos da guerra” os días 16 ao 18 de outubro que tamén tivemos que suspender.
Gervasio Sánchez @gervasanchez veu ao Arenteiro Fotográfico 2025.
No mes de OUTUBRO expúxose a obra de:
A.F. Potiños “Inspiración”
Luis Pereira “Seremos un frágil recuerdo”
Fotoforum Compostela “La horma del tiempo”
Moncho Fuentes “Fotografía de prensa”
Teté D.Estate “Un instante fugaz”
José Luis Montes “Insomnium”
Yeray Diéguez “Proxecto Frames”
Luis Baños “Nova Iorque e Nova Yersey en 1993”
No mes de NOVEMBRO:
A.F. FotoSíntese “Casas sen xente”
OLLATLÁNTICO “Manifesto”
A. F. Os Negativos
Concurso foto Rosa Pons Fábregas.
A Portada é da nosa compañeira Mary H.Izquierdo, gran amiga, gran Potiños, que nos deixou hai un ano.
Estamos moi agradecidos a tod@s é cada un d@s fotógraf@s que participaron connosco no Arenteirto Fotográfico 2020, xa que foi un ano moi complicado e que coa súa colaboración contribúen a darlle ese salto tan importante de calidade o noso evento.
Coa colaboración do Concello de O Carballiño @ccarballino e aos 9 locais que nos deixaron as súas salas para expoñer
#arenteirofotografico #opotiños #fotografia #ocarballiño #exposiciones