EXPOSICIÓN COLECTIVA “BALEIRADA”

Do 4 ao 27 de setembro dentro do ciclo 📸 FotografiARTE 📸 poderás visitar no Espazo Xove de Chantada, na Rua Rosalía de Castro, número 1, a exposición de Fotografía “Baleirada” de O Potiños.

“Pobreza. Emigración. Abandono.

A mocidade foxe. A xente maior morre. Non nacen meniños. Aldeas sen xente. Lembranzas, buratos… Ninguén, e silencio. (…)

Baleirada. Que non baleira. Abandono obrigado. Non por gusto, senón por forza. Porque todos os camiños estaban pechados, menos o da morte. E despois da morte veu o ninguén. E despois a noite, o silencio e as sombras.

Pero o tempo é redondo, coma un prato vello, ferido por unha culler enfurruxada…” A. F. O Potiños

Non a perdas!!

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.