BASES PARA O CONCURSO FOTOGRAFICO TEMA LIBRE. CARBALLIÑO 2024.
Organizado pola Asociación Fotográfica O Potiños en colabouración co Concello de O Carballiño e o Centro Comercial Aberto de O Carballiño.
Poderan participar todas aquelas persoas maiores de 14 anos que deberan de enviar as suas fotos en formato de arquivo JPEG de modo de cor RGB e a unha resolución suficiente para amplialas a 40x 60 cm como mínimo. Maximo 3 fotos por persoa.
PREMIOS
Concederanse tres premios:
- Primeiro premio: 400 € donado polo Concello de O Carballiño.
- Segundo premio: 200 € donado polo Centro Comercial Aberto, en vales de compra.
- Terceiro premio: 100 € donado polo Centro Comercial Aberto, en vales de compra.
O Xurado poderá establecer algún outro premio especial se así o estimase pertinente. A os premios aplicaráselles a retención fiscal vixente. Os premios non son acumulables.
TEMAS.
O tema das fotografías será libre, pero as fotos non poderan ter sido publicadas previamente, nin presentadas a outro concurso.
Poderase facer uso do material técnico de calquer tipo, así como o retoque fotográfico.
ENTREGA DE FOTOS
As fotografías enviaranse vía mail ó correo electrónico: info@potinos.com, con data tope o 15 de Agosto.
Tamen pode enviar os arquivos premendo aquí
O nome do traballo ira en galego. Como identificación: título, nome, direccion, tfno e mail.
Coas 20 seleccionadas finais, farase unha exposición no Arenteiro Fotográfico.
O veredicto do xurado terá lugar catro dias mais tarde é será inapelable.
CRITERIOS DE AVALIACION
O Xurado pode avaliar as fotografías presentadas nas seguintes consideracións:
- Calidade técnica: Nitidez, contraste, cor.
- Calidade artística: Definición, tema, cadro.
METODOS DE VOTACION.
Os traballos gañadores serán seleccionados de maneira anónima, atendendo ó indicado no apartado “criterios de avaliación” nestas bases.
XURADO.
Estará composto polos seguintes membros :
- Presidente: O Concelleiro da Area de Cultura do Concello, ou persoa en quen delegue.
- Unha persona: En nome do Centro Comercial Aberto.
- Vocais: Un mínimo de tres persoas de recoñecido prestixio, relacionadas co mundo da fotografía, imaxe, artes.
- Secretario, un membro da A.F. O Potiños con voz e sen voto.
DEREITOS DE PROPIEDADE.
Os participantes deben ser autores da cada unha das fotografías presentadas. Os gañadores e os mencionados cédenlle gratuitamente e de forma NON EXCLUSIVA a A.F. O Potiños os dereitos de difusión das imaxes premiadas. Se calquera das fotografías é utilizada cos obxetivos enunciados arriba, indicarase expresamente o nome do autor.
NORMAS DO CONCURSO.
A Organización non se fai responsable do deterioro ou extravío que poidesen sufrir os arquivos dixitais, así como calquer accidente personal dos participantes.
Coa inscripción os competidores autorizan o envío de información por correo electrónico sobre esta competición e promoción de ediciones posteriores.
O feito da presentación a esta edición do CONCURSO FOTOGRÁFICO LIBRE 2024, implica a total aceptación destas normas.