BASES PARA O CONCURSO FOTOGRÁFICO “TEMA LIBRE” – CARBALLIÑO 2026
ORGANIZACIÓN:
Organizado pola Asociación Fotográfica “O Potiños” en colabouración co Concello de O Carballiño e o Centro Comercial Aberto de O Carballiño.
PARTICIPANTES:
Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 14 anos, que deberán de enviar as suas fotos, en formato de arquivo JPEG, de modo de cor RGB e a unha resolución suficiente, para amplialas a tamaño 40 X 60 cm., como mínimo. Máximo 3 fotos por persoa.
PREMIOS:
Concederanse 3 premios:
– PRIMEIRO PREMIO: 400,00 euros, donado polo Concello de O Carballiño.
– SEGUNDO PREMIO: 200,00 euros, en vales de compra, donados polo Centro Comercial Aberto.
– TERCEIRO PREMIO: 100,00 euros, en vales de compra, donados polo Centro Comercial Aberto.
O xurado poderá establecer algún outro premio especial, se así o estimase pertinente.
Ós premios aplicaráselles a retención fiscal vixente.
Os premios no son acumulables
TEMAS:
O tema das fotografías será libre, pero as fotos no poderan ter sido publicadas previamente, ni presentadas a outro concurso.
Poderase facer uso de material técnico de calquer tipo, así como o retoque fotográfico. NON SE ADMITIRAN FOTOS CON I.A.
ENTREGA DE FOTOS:
As fotografías enviarnase, via e-mail, á páxina web de O POTIÑOS (potinos.com).
A data tope é o 15 de Xullo de 2026. O veredicto do xurado terá lugar catro días mais tarde e será inapelable.
O nome do traballo irá en GALEGO e, como identificación debe aparecer: TÍTULO, NOME, DIRECCIÓN, TELÉFONO E E-MAIL, do fotógrafo.
Coas 20 fotografías seleccionadas finais, farase unha exposición no ARENTEIRO FOTOGRÁFICO 2026.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
O xurado pode avaliar as fotografías presentadas, tendo en conta as seguintes considerancións:
– CALIDADE TÉCNICA: Nitidez, contraste, cor..
– CALIDADE ARTÍSTICA: Definición, tema, cadro..
MÉTODOS DE VOTACIÓN:
Os traballos gañadores, serán seleccionados de maneira anónima, atendendo ó indicado no apartado “criterios de avaliación”, que figuran nestas bases.
XURADO:
O xurado estará composto polos seguintes membros:
– PRESIDENTE: O Concelleiro da área de Cultura do concello do Carballiño ou persoa en quén delegue.
– UNHA PERSOA, en nome do Centro Comercial Aberto.
– VOGAIS: Un mínimo de tres persoas, de recoñecido prestixio, relacionadas con mundo da fotografía, imaxe e artes.
– SECRETARIO: Un membro da ASOCIACIÓN FOTOGRÁFICA “O POTIÑOS”, con voz, pero sen voto.
DEREITOS DE PROPIEDADE:
Os participantes deben ser autores de cada unha das fotografías presentadas. Os gañadores e os mencionados, cédenlle gratuitamente e de forma NON EXCLUSIVA, a ASOCIACIÓN FOTOGRAFÍCA “O POTIÑOS”, os dereitos de difusión das imaxes premiadas. Se calquera das fotografías é utilizadas, con obxectivos enunciados arriba, indicarase, expresamente, o nome do autor.
NORMAS DO CONCURSO:
A Organización non se fai responsable do deterioro ou extravío que poidesen sufrir os arquivos dixitais, así como calquera accidente persoal dos participantes.
Coa inscripción, os competidores autorizan ó envío de información por correo electrónico, sobre esta competición e promoción de ediciones posteriores.
O feito da presentación a esta edición do CONCURSO FOTOGRÁFICO LIBRE 2026, implica a todal aceptación destas normas.
Carballiño a 31 de maio de 2026.